Ir al contenido principal

ASÍ SON EU: GÚSTAME NON ME GUSTA

GÚSTAME
Gústame a posta de sol, camiñar pola herba, as sudadeiras grandes para días de frío, as películas para as tardes solitarias, a música triste para aclarar as miñas ideas, gústame por exemplo o xeado de froitas do bosque, comer castañas asadas arredor do fogo ca miña bisavoa, saltar nas follas caídas polo outono por diversión, estar eu soa sen que ninguén me moleste, ver como chove pola ventá xa que me gusta ver como as pingas de agua fan carreiras por ela, debuxar e as acuarelas para facer fermosos debuxos, a cor negra e rosa xa que se complementan, os tacóns e as deportivas porque son totalmente o contrario, os animais por que dan cariño coma nos, gústame estar cos meus amigos xa que me fan sentir ben, o romanticismo porque é algo que non pode faltar, os peluches porque danlle alegría a casa, e sobre todo ser eu mesma.







NON ME GUSTA
Non me gusta que se rían de min, que a xente esté triste, a xente hipócrita, os pementos porque saben raro, os mentirosos, non me gusta chorar diante da xente, os tronos fan que me meta baixo as sábanas, as historias de medo, levantarme as 7 da mañá para ir ao instituto, ver gran hermano, non me gusta a xente machista, o maltrato animal, non poder mostrar os meus sentimentos fai que me sinta peor, a cor gris no ceo porque para min é sinónimo de tristeza, que me escollan a última, non me gusta que se preocupen de de máis por min,  sentirme abandonada porque non lle desexo iso a ninguén, os amargados porque non temos culpa do que lle pasa, que se me rompan as uñas cando están todas igualadas e a ensalada xa que non me gusta nada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz realizamos un cartel inspirado na cita de Gandhi: Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.