Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

ASÍ SON EU: GÚSTAME NON ME GUSTA

GÚSTAME Gústame a posta de sol, camiñar pola herba, as sudadeiras grandes para días de frío, as películas para as tardes solitarias, a música triste para aclarar as miñas ideas, gústame por exemplo o xeado de froitas do bosque, comer castañas asadas arredor do fogo ca miña bisavoa, saltar nas follas caídas polo outono por diversión, estar eu soa sen que ninguén me moleste, ver como chove pola ventá xa que me gusta ver como as pingas de agua fan carreiras por ela, debuxar e as acuarelas para facer fermosos debuxos, a cor negra e rosa xa que se complementan, os tacóns e as deportivas porque son totalmente o contrario, os animais por que dan cariño coma nos, gústame estar cos meus amigos xa que me fan sentir ben, o romanticismo porque é algo que non pode faltar, os peluches porque danlle alegría a casa, e sobre todo ser eu mesma. NON ME GUSTA Non me gusta que se rían de min, que a xente esté triste, a xente hipócrita, os pementos porque saben raro, os mentirosos, non me gusta ch